
Todos os grupos políticos do Concello consensúan unha concentración para o próximo martes día 7 de maio
«Os tres grupos políticos con representación no Concello da Rúa vimos de consensuar unha concentración e unha declaración institucional que se substanciará no pleno ordinario do próximo luns para unirnos na loita contra a marcha de Iberdrola». Así manifestaba a portavoz do BNG, María G. Albert, a unión de todas as forzas políticas ante o que chaman «deslocalización» da eléctrica. O acordo se materializaba nunha data concreta, a do próximo martes día 7 de maio, ás 12:00 horas, ante a sede da empresa en A Rúa.
Engadía a número un do BNG nas súas redes sociais que «o arraigo da empresa no territorio, o uso que fai dos nosos recursos naturais e o emprego de calidade que leva xenerando durante décadas, son motivos de peso para que a empresa pare a deslocalización do seu Centro de Operacións de Control da cunca do Sil para Salamanca».
Convencidos de que «esta marcha non atinxe só á Rúa», senón que «afecta ao conxunto da comarca, da provincia e do país», chaman á cidadanía a unirse á protesta.
