viernes. 29.03.2024

As novas variantes previstas acortarían o percorrido entre ambas capitais de provincia en 23 minutos

Os deputados do Partido Popular polas provincias de Ourense e Lugo -Celso Delgado, Ana Vázquez, Jaime de Olano e Joaquín García- anunciaron este sábado que esixirán a rectificación do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA), así como de Adif, sobre a pretensión de eliminar as variantes dos Peares-Canabal e Rubián. Comprometidas no plan de modernización e mellora da liña ferroviaria Ourense-Lugo.

Estas variantes reducirían ata en 23 minutos o percorrido dos 117 quilómetros que separan por tren ambas as dúas capitais. Esto podería afectar aos diversos trens que saen de Valdeorras de cara as cidades de Lugo ou A Coruña, véndose beneficiados dunha reducción importante de tempo.

Elena Candia, tamén confirmou que rexistraron a solicitude de comparecencia no Congreso do ministro de Transportes, José Luis Ábalos, e da presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, para que rectifiquen as intencións de non executar esas dúas variantes.

Unha cuestión que xa motivara o pasado mes de febreiro unha iniciativa parlamentaria na que os populares non acadaron o proposto.

Actualmente os trens máis rápidos invisten 94 minutos na viaxe entre Ourense e Lugo, cunha velocidade media de 74 quilómetros por hora que se elevaría ata os 85 coas melloras e maila electrificación da vía entre Monforte e Lugo. Non obstante, o percorrido seguiría durando unha hora e 23 minutos.

Segundo os deputados a mellora proposta para estas liñas foi feita polo Partido Popular con Mariano Rajoy como presidente do Goberno e Íñigo de la Serna como ministro de Fomento.

Os parlamentarios defenderon que durante a etapa de goberno do Partido Popular impulsouse a modernización desta liña, con decisións efectivas e concretas. Destacando que os dous únicos contratos adxudicados ata esta data, a reparación de 23 pontes e desmontes.

Ademáis, explicaron que o proxecto de reparación desas 23 pontes está rematado desde outubro de 2018, pero a adxudicación non se produciu ata setembro de 2019, case un ano máis tarde sen xustificación algunha, e transcorrido o prazo de execución que se estimaba en 18 meses aínda non finalizaron.

O PP reclamará ao MITMA manter as variantes da conexión entre Ourense e Lugo