jueves. 28.03.2024

Dende o partido nacionalista subliñan que o peche do centro de operacións de Iberdrola no Concello da Rúa non se pode xustificar

María González Albert, deputada polo BNG no Parlamento de Galicia, comentou a intención do seu partido para presentar novas iniciativas co fin de deter o peche definitivo do Centro de Operacións de Cunca que a compañía eléctrica Iberdrola ten na Rúa.

Esto ven derivado ao traslado a Salamanca que tal e como subliñan dende o Bloque Nacionalista Galego está prevista para o vindeiro mes de marzo. Albert destaca o efecto que terá en canto a destrucción de postos de postos de traballo cualificados e o valor simbólico que ten o lugar nunha comarca que conta ca presenza das hidroeléctricas dende fai máis de 5 décadas cando construíronse os encoros e centrais nos inicios de Saltos del Sil.

A deputada, enmarca este peche nun contexto máis amplo, falando tamén dun desmantelamento do sector industrial na comunidade. «desmantelamento ao que a Xunta de Galicia está a asistir de brazos cruzados ao carecer dunha política industrial e enerxética centrada no país».

Desde o anuncio da compañía feito en abril de 2019 das súas intencións de trasladar o COC do Noroeste que se sitúa en Valdeorras a Salamanca o BNG ten realizado distintas mobilizacións así como iniciativas no Parlamento e nos concellos para que a Xunta de Galiza actuase con contundencia para evitar a consumación da operación.

Protesta levada a cabo no mes de maio do 2019 frente a sede de Iberdrola na Rúa

«Unha consecuencia inadmisíbel do traslado a Salamanca sería que o control dos nosos ríos deixaría de estar no territorio propio para pasar a xestionarse desde outra comunidade autónoma», denuncia María Albert.

Deste xeito desde o BNG reiteran o seu rexeitamento firme e rotundo ao traslado xa que o consideran un desmantelamento do rural, vendo esta reestruturación de forma inxustificada nos puntos de vista técnico, de eficiencia, económico e ético.

O BNG presentará iniciativas para evitar a deslocalización de Iberdrola na Rúa