A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras espera chegar esta mesma semana ás 300.000 vacinas administradas
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras comeza a segunda quincena de xuño co 47.2% da súa poboación diana vacinada coa pauta completa , ou o que é o mesmo 121.344 ourensáns e ourensanas protexidas fronte ao Covid19, e un total 289.101 vacinas administradas, polo que agardase acadar esta mesma semana as 300.000.
A previsión semanal é continuar, desde o xoves, coas primeiras doses do grupo de persoas entre 40 e 49 anos, que se espera acade aos nados no ano 78; continuar coas segundas dos de entre 50 e 59; así como coas primeiras, ou segundas dos grupos de profesionais esenciais, en xeral profesionais de nova incorporación, ou que retornan ao traballo tras unha baixa laboral.
Tamén estes días se continurá, nos hospitais comnarcais e no de Ourense, coas segundas doses dos colectivos esenciais que recibiron a primeira dose de Astra e hoxe mesmo están novamente citadas persoas pertencentes aos grupos etarios xa convocados e que non acudiron (repescas).
O tipo de vacina que se empregará será, como ven sendo habitual a que esté dispoñible e autorizada para cada grupo etario, que no caso das persoas entre 40 e 49, son tanto Janssen, como Moderna, ou Pfizer. Esta última é a mais empregada, representando o 78% das preto das vacinas administradas na nosa provincia, seguidas das de Astra Zeneca, o 13%, Moderna o 6 e Janssen o 3%.