viernes. 20.06.2025

A metade dos danos evitables na atención sanitaria son causados por un mal uso da medicación

Estímase que entre o 5 e o 10% dos ingresos hospitalarios  e entre o 10 e o 30% das consultas aos servizos de urxencias son debidos a un evento adverso por medicamentos

A metade dos danos evitables na atención sanitaria son causados por un mal uso da medicación

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras súmase á OMS na celebración do Día Mundial da Seguridade do Paciente, destinado a mellorar as prácticas seguras e de calidade que, baixo o lema “medicación sen dano”, este ano ten por obxectivo reducir e concienciar dos riscos de facer un mal uso dos medicamentos.

Os danos causados pola medicación representa o 50% do total dos danos evitables na atención sanitaria, e estímase que entre o 5 e o 10% dos ingresos hospitalarios  e entre o 10 e o 30% das consultas aos servizos de urxencias son debidos a un evento adverso por medicamentos. Este alto porcentaxe derivase precisamente das altísimas cifras de uso.

A prescrición e dispensacion de medicamentos son o procedemento sanitario máis habitual. De feito, en Ourense este ano, en só sete meses, de xaneiro a xullo, dispensáronse nas farmacias 5.218.659 de envases de fármacos, tendo en conta só os receitados polo persoal médico de atención primaria. Unha media de 760.000 ao mes, de 25.000 ao día, e só é unha parte, moitos máis empreganse diariamente nos hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras.

Os medicamentos salvan vidas, melloran e protexen a saúde, non si, ás veces poden causar danos graves se se almacenan, prescriben, dispensan ou administran indebidamente ou se controlan de forma insuficiente.

A OMS propón aos profesionais e pacientes tres consellos: Infórmate, comproba e pregunta. No caso do profesional, a comprobación pasa por chequear especialmente cinco momento críticos, no que estremar as precaucións e que, ao longo desta semana estiveron presentes en todas as pantallas dos ordenadores do persoal da Área Sanitaria.

A práctica segura dos pacientes ou seus coidadores pasa tamén por informarse, e comprobar as doses, as horas ou intervalos entre tomas e, por suposto, preguntar aos profesionais ante calquera dúbida, pregunta que os profesionais tamén poden adiantar, comprobando que son entendidos.

A metade dos danos evitables na atención sanitaria son causados por un mal uso da...