viernes. 19.04.2024
9994E549-07C2-407D-8E2E-E72CA9FD6AD2
El hospital de día móvil a las puertas del HPV

Os dous “hospitais móbiles” do Servizo Galego de Saúde acollen desde esta mañá a unidade de Oncoloxía do Hospital Público de Valdeorras, permitindo así prestar este servizo directamente desde O Barco, sen necesidade de que os pacientes se teñan trasladar a Ourense para recibir o seu tratamento de quimioterapia, mentres duren as obras de reforma e ampliación do Hospital de Día que acolle esta actividade. 

A estrea das novas instalacións provisionais foi recibida esta maña con sorpresa por parte dos e das pacientes, nunha xornada que transcurriu sen incidencias. A polivalencia é precisamente unha das características das dúas unidades móbiles, prevista para poder dar resposta asistencial como quirófano, centro de saúde ou área diagnóstica e terapéutica complementaria, ante unha emerxencia ou necesidade puntual, como neste caso.  

866B07B0-EABB-49F5-836D-16C95D4CDB9D

Os dous módulos móbiles foron precisamente pilotados na Área Sanitaria de Ourense, sendo esta a primeira vez que este premiado proxecto europeo, da servizo no Distrito de Valdeorras. Para complementar a nova unidade, igualmente instalouse un módulo axunto que serve de sala de esperas para os pacientes. 

Tras meses de traballos e pasos previos -para liberar ás areas a reformar- con este traslado posibilitase o arranque dos traballos no Hospital de Día, e tamén naFarmacia e a unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria, obras nas que a Xunta de Galicia investirá 1.287909,48€ e que foron adxudicadas a Construcciones Jesús NaraySL, segundo un proxecto de Herraez Arquitectura, responsable da dirección de obra.  

Mejoras en infraestructuras y equipación

Vanse realizar actuacións en tres áreas. No Hospital de Día, onde haberá cadeiras de brazos separadas para favorecer a privacidade do tratamento, camas lixeiras de fácil transporte, e un control de enfermería aberto que permitirá a vixilancia de todos os postos. Tamén se incluirán dúas consultas e unha sala de espera e ademáis dunha sala independente para a zona de Endoscopias/Dixestivo, con dúas áreas incorporadas: unha adicada á espera de consultas e outra á espera de probas.

A segunda das zonas nas que se intervendrá será naUnidade de cirurxía maior ambulatoria, onde se vai aampliar a zona de atención preoperatoria, cunha sala diáfana, máis ampla, coas áreas de camas e de cadeirasde brazos distribuídas de forma que é posible a visión directa desde o control de enfermería, ademais de permitir en caso necesario seu peche para manter a privacidade. 

En Farmacia vaise crear unha zona de recepción-dispensación; outra para a almacenaxe de material; localización da neveira de citostáticos e colocación dos EPI do persoal que traballe no interior das cabinas. Tamén haberá espacio para o laboratorio e unha área especifica para a realización do reenvasado.

Ademais desta obra, a Xunta traballa na reactivación da de Consultas Externas, adxudicada a Construcciones Orega por 453.949,4 €, que ten como obxectivo instalar un novo ascensor-montacamas, mellorar o confort térmico da área de Rehabilitación e espera daResonancia Magnética, e por último das consultas externas, instalando nos accesos unha cortina modular de aire con control intelixente e portas corredizas automáticas.

Dous hospitais “móbiles” acollen desde hoxe a unidade de oncoloxía de Valdeorras