viernes. 19.04.2024

O pleno do Consello Regulador da DO Valdeorras acordou na mañá do 28 de agosto a solicitude de axudas á Consellería do Medio Rural para aqueles viticultores que tiveran perdas — na produción e correspondentes ganancias — debido a diferentes pragas e doenzas fitosanitarias sufridas nos seus viñedos. O requisito indispensable para recibir estas bolsas será demostrar unha diminución no número de quilos recollidos respecto á media obtida nos tres anos anteriores.

Tamén se falou na reunión do inicio dos traballos preparatorios para a próxima campaña de vendima. Para comezar, contarase cos servizos da empresa de traballo temporal «Ader» para a contratación de vedores, firma na que se confiou tamén o ano pasado.

Como último acordo, determinouse a paralización das verificacións de aptitude das partidas de viño. Isto farase coa fin de non interferir na vendima. A paralización será temporal, concretamente entre o 12 de setembro e o 17 de outubro. Neste período cesará o traballo ordinario de catas que se vén desenvolvendo periódicamente nas instalacións do Consello, polo que as bodegas interesadas teñen agora 15 días por diante para poder verificar a aptitude das súas partidas antes de que se paralicen temporalmente as catas.

A DO Valdeorras solicitará axuda a Medio Rural fronte as pragas de hongos