martes. 23.04.2024
O CHUO reordena o sentido de circulación dos seus viais con motivo das obras

Mañá mércores entrará en funcionamento a nova reordenación do tráfico de vehículos o redor do Hospital Universitario de Ourense o que posibilitará o avance das obras para o construción do novo edificio de hospitalización que se construirá axunto ao Materno Infantil.

A novidade máis salientable nesta reordenación é que o sentido da circulación pasará a ser totalmente circular o redor do centro hospitalario o que axilizará o tráfico de vehículos e, polo tanto, evitará os viais de dobre sentido. A entrada ao recinto hospitalario será, coma sempre, pola rotonda principal da rúa Ramón Puga e a nova saída será a través da rúa Cruceiro Quebrado pasando por diante do novo edificio de hospitalización.

No que respecta á circulación o redor do Hospital Santa María Nai permanecerá invariable. Polo tanto, a partir de mañá mércores, a entrada de vehículos cara o novo edificio de hospitalización a través da rúa Cruceiro Quebrado queda totalmente prohibida e o devandito vial cambiará definitivamente o seu sentido de circulación.

No transcurso do día de hoxe martes procederase ao pintado dos viais e ao cambio de toda a sinalización vertical para que o novo circuíto estea operativo desde ás doce horas desta noite. Con respecto ao circuíto das ambulancias e do transporte sanitario autorizado, disporán dun vial propio, para poder deixar e recoller aos pacientes, que discorrerá paralelo ao edificio cirúrxico e que terá saída única ao carón do servizo de farmacia.

Esta reordenación do tráfico levará consigo a clausura definitiva do vial interno, entre o edificio Cristal e o novo edificio de hospitalización, e facilitará o peche perimetral do recinto da zona de obras para dar comezo nos vindeiros días a primeira fase das obras de construción do novo edificio de hospitalización.

A finais de esta semana, unha vez pechado o vial interno, procederase a acometer dúas actuacións de gran complexidade como supón o derrubo da antiga pasarela metálica, que unía o edificio Cristal co Materno Infantil, e da rampa exterior das antigas urxencias. Unha vezcompletadas estas dúas actuacións quedará despexada definitivamente a zona onde irán situados os futuros cimentos do novo edificio.

O CHUO reordena o sentido de circulación dos seus viais con motivo das obras