martes. 24.06.2025

Á Área Sanitaria sumase a celebración internacional do Día do Médico de Familia

Centro de salud, Larouco

Nos primeiros catro meses deste ano os médicos de familia asumiron 16.580 consultas mais que nos mesmo período pre-pandemia en 2019

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras súmase hoxe, 19 de maio, a declaración do Día Mundial do Médico de Familia da WONCA, Organization Mundial de Médicos de Familia que agrupa ás sociedades profesionais, asociacións e institucións académicas nacionais de todo o mundo relacionadas coa práctica médica en Atención Primaria.

A medicina familiar, e comunitaria noso país ten sido, desde a Atención Primaria, o núcleo central da sanidade pública, atendendo as necesidades asistenciais básicas da persoa en todas as etapas da vida, desde o seu nacemento á morte, e tamén, moi especialmente na nosa Área Sanitaria, as da comunidade que a rodea, intervindo para fomentar hábitos de vida saudables, apoio no coidado da saúde e empoderamento, non só do propio paciente, senón tamén do núcleo familiar, social e dos coidadores.

Os médicos e médicas de "cabeceira", a atención primaria, é responsable directa das cotas de saúde gañadas entre a nosa poboación nos últimos anos, na esperanza de vida e o envellecemento activo, un dos seus logros, que compoñen un pilar indispensable no estado de benestar. Ourense é unha das provincias mais envellecidas de Europa, pero tamén unha das que conta cunha maior esperanza de vida.



Nun día como hoxe hai que subliñar o papel imprescindible dos 400 médicos de familia de Ourense desde os centros de saúde e Puntos de Atención Continuada, ao longo do tempo, e durante esta pandemia, na que serviron de dique ante o risco real de superación da demanda asistencial e permitiron manter asistencia básica á poboación, especialmente nos períodos con maior número de ingresos de pacientes COVID19, que centralizaron nalgúns momentos os recursos hospitalarios.

Proba delo é que, nos primeiros catro meses deste ano, de xaneiro a abril, os médicos e médicas de familia asumiron 16.580 consultas mais que no mesmo período pre-pandemia, en 2019. Nada mais que 1.270.721 consultas, en catro meses, mais que as realizadas nun ano sen pandemia, 1.148.111 en 2019, cando nada facía presaxiar a chegada do coronavirus.

Medicina de Familia e Futuro

WONCA declarou por primeira vez o Día Mundial do Médico de Familia (FDD), o 19 de maio, en 2010, e converteuse nun día para destacar o papel e a contribución dos médicos de familia e dos equipos de atención primaria nos sistemas sanitarios de todo o mundo.

Esta celebración é a oportunidade perfecta para recoñecer o papel central dos médicos de familia na prestación de atención persoal, completa e continua a todos os pacientes. Tamén é unha oportunidade para celebrar os avances na medicina familiar e as contribucións especiais dos equipos de atención primaria a nivel mundial.

O lema deste ano é construír o futuro cos médicos de familia, baseado en catro piares fundamentais: O traballo en equipo, o traballo cos pacientes, as súas familias e comunidade; coas novas tecnoloxías, como as que permitiron manter na nosa provincia a asistencia no medio da pandemia; e coa participación do paciente, como nas escolas de saúde e obradoiros que se multiplican nos nosos centros de saúde.

Proxectos de Familia e Comunidade desde Ourense

Na Área Sanitaria de Ourense temos iniciativas ben coñecidas que exemplifican este futuro volcado no paciente e na comunidade. Por citar dous, desde o Centro de Saúde Novoa Santos, o programa de saúde comunitaria "Salubrízate" que potencia o papel do centros de saúde, como promotores de saúde e nexo de unión cos barrios e as asociacións vecinais, complementando na comunidade seu papel de responsables da atención á enfermidade.



Desde o Centro de Saúde de Xinzo de Limia a iniciativa de tratamento integral e de coordinación cos axentes sociosanitarios, que ven de recibir a primeira I Bolsa de Medicina Rural de Asomega e SEMG. Proxecto de saúde comunitaria que aposta pola proximidade, por implicar aos pacientes para compartir as súas necesidades e carencias reais e expoñer e recibir peticións de abaixo arriba, para facer unha atención máis eficiente e máis humana.

Esta e moitas outras xurden cada día desde os centros de saúde, iniciativas multidisciplinares de traballo conxunto co resto de profesionais de atención primaria, cada un desde o seu ámbito, para facer da Atención Primaria a arma tan poderosa que pode chegar a ser na atención sociosanitaria.

Á Área Sanitaria sumase a celebración internacional do Día do Médico de Familia