sábado. 07.06.2025
Vilamartín

Xornada de reciclaxe no Vilaverán de Vilamartín

Ata o 31 de agosto un

variado programa de actividades agardan ós rapaces no campamento infantil de

Vilamartín

Os nenos de Vilamartín —e da contorna— están xa a desfrutar do programa do Vilaverán. Atendidos por dous monitores e tres voluntarios, levan a cabo distintas actividades relacionadas coa natureza, así como obradoiros ou natación na piscina. Estas actividades sucederanse ata o 31 de agosto.



No campamento participan polo momento 18 nenos, que asisten de luns a venres ó Centro Santa Lucía en horario de 9.30h a 13.30h. As inscricións son limitadas, pero aínda están abertas. Poden participar tódolos nenos e nenas de 4 a 12 anos, para o cal teñen que ser inscritos con anterioridade na Casa do Concello. Pódese apuntar por semanas, quincenas ou agosto enteiro.



Hoxe achegámonos co micrófono de Radio Valdeorras ó Centro Santa Lucía. Se queres escoitar o audio, preme na seguinte ligazón:

Xornada de reciclaxe no Vilaverán de Vilamartín