miércoles 8/12/21
Vilamartín

Orde Caos reivindica cun retrato mural en Vilamartín As Letras para Florencio

Pedro Álvarez remprazou os graffitis por arte nunha das paredes do antigo ximnasio do Bañadoiro

A obra de Pedro Alvarez «Orde Caos», un retrato do insigne poeta e galeguista valdeorrés de Florencio Delgado Gurriarán, xa se pode ver nun dos muros do antigo ximnasio na zona do Bañadoiro, en Vilamartín.

Esta obra ten un dobre sentido, o reivindicativo co que se  manifesta unha vez máis a importancia do Día das Letras galegas para Florencio e por outro liberar o «feismo» das pintadas vandálicas que ultimamente se veñen producindo no entorno.



Desde o concello puxéronse en contacto co artista de Vilamartín, Orde Caos, para enbelecer a zona do Bañadoiro.«Pareceuos que era un bo sitio véusenos a cabeza porque o antigo ximnasio está cheo de graffitis e pinturas, intentamos retirar esa pintura pero é imposible o ladrillo e moi porosos así que decidimos que nos fixeran un pequeno proxecto sobre esa fachada. Pedro presentou un proxecto ocupando toda a fachada con artistas e literatos galegos e nos parecía que podíamos empezar con Florencio xa que queremos que o ano que ven sexa o Día das Letras para el», argumentaba o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro.

Orde Caos eliminando os graffitis

O autor rematou a obra en dous días. Os traballos comezaron o sábado, 15 de maio na parte máis pequena, na que hai un pórche, xa que chovía e así o autor traballou ao cuberto. «A casualidade quixo que empezásemos por aí», comentou o alcalde

Orde Caos realizou a obra de xeito totalmente gratuíto, o concello colaborou só cos materiais. Ademais dende a entidades municipal invitan a outros artistas a seguir coa labor. «Si este ou outros artistas queren  continuar, ese muro está libre. O noso Concello está disposto a que os artistas podan mostrar a súa arte. Desde o Concello poñemos os materiais e os artistas que queiran traballar terán que por a súa man, de momento non  podemos pagarlle», aclarou Álvarez Barreiro.

O autor, Pedro Álvarez «Orde Caos», xunto a sua obra

«Figuras como Xaime Prada, vilamartinés ilustre e outras figuras da comarca ou Galicia poderán quedar inmortalizadas nos muros se os artistas así o desexan», declarou o alcalde.

Respecto a loita polas letras recordar que todos os anos se intenta reivindicar o Día das Letras para Florencio. Así o proxecto dunha fundación, a rodaxe dunha curta, exposicións, unha gala de cinema, xornadas de divulgación ou premios de poesía que levan o seu nome ou son moitas das iniciativas que se levaron a cabo na comarca e fora dela.

Contemplando a Pedro como realza a obra

«É moi importante que se lle adiquen as letras pero o feito de que alguén nos represente culturalmente en Valdeorras xa o está sendo. E unha figura moi importante para a comarca e se chegamos conseguir o Día das Letras, Xenial pero polo camiño o que estamos a facer e potenciar a nosa cultura»  remata.

Se queres escoitar a conversa con Enrique Álvarez Barreiro fai click na seguinte ligazón:



Fotos cedidas

Comentarios
Orde Caos reivindica cun retrato mural en Vilamartín As Letras para Florencio