viernes. 06.06.2025
Vilamartín

Golpe de calor a golpe de mazo na Xuntanza de Folións de Vilamartín

Cunha hora de retraso sobre o horario previsto pola organización da II Xuntanza de Folións de Vilamartín, debido principalmente as altas temperaturas que sufriu a comarca o pasado sábado 17 de xuño, os catro folións que se deron cita no pobo vilamartinés, partiron da zona recreativa do Bañadoiro para recorrer as rúas e encher o pobo co son dos bombos, tambores, gadañas, aixadas e demais instrumentos que levan os compoñentes dos folións. Ó remate houbo un sorteo de tres lotes de productos e ferramentas típicos do viñedo, ademais de pinchos e bebidas no pavillón, tamén música e baile.

O calor que superou o longo da tarde os 40º deixou os encargados de tocar o bombo na extenuación xa que se fai moita forza e de cotío ó bater o mazo contra a pel do bombo.

Esta segunda xuntanza foi organizada pola Asociación Cultural Folión Viticultores coa colaboración do concello de Vilamartín, a Asociación de Coveiros de Vilamartín, Asociación de Coveiros de Arcos, e diversas casas comerciais da localidade ademais e do Barco e A Rúa.

Folión Vilamartín

Folión Trives

Folión Trives

Folión do Bolo

Golpe de calor a golpe de mazo na Xuntanza de Folións de Vilamartín