viernes. 25.07.2025
Vilamartín

Andrade gaña a II Travesía a Nado de Valdeorras

A segunda Travesía a Nado de Valdeorras, arrancou as 17:00 do embarcadoiro da zona do Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras.

90 participantes tomaron a saída para completar os 2.525 metros do recorrido curto e os 5.050 metros do longo, puntuables para o XIII Circuíto Galego de Augas Abertas.

Con claro dominio sobre o resto dos participantes, o arzuán Gaspar Andrade Budiño ( C.N. Arzúa), foi o primeiro en recorrer os 5.050 metros da proba longa, nun tempo de 1:03:08, sen neopreno. Detrás, a mais de un minuto, chegaron Lucas Costa Fernández (C.N. Ponteareas) e Martín Carrera Costas (C.N. Ponteareas).  As féminas que chegaron nos tres primeiros postos nesta proba foron Carlas Goyanes García, de Vigo, Laura Rodríguez Novoa (C.N. Ponteareas) e Ana Veiga Souto (C. De Mar San Amaro), da Coruña. Paquito Fernández e Iván Raña foron os primeiros nesta distancia pero, con neopreno.

Na proba curta o Coruñés David Crespo González foi o primeiro en chegar  con un  tempo de 35:10, o segundo posto acadouno Sergio Picallo (C.N. Coruña), de Oleiros e Marcos Martínez (C.N. Ponteareas), terceiro. En cuanto a categoría feminina Laura Costa Fernández (C.N. Ponteareas) foi a primeira en chegar a meta, María Ferreira González (C.N. Master Mos), segunda e Cristina Claviño (C.N. Ponteareas), terceira.

Respecto os locais a primeira en chegar foi Eva Goicoechea do A.D.A.S Natación, o segundo Francisco Camba Rodríguez do Club Peña Trevinca Barco e a  terceira Milagros Morena Aller tamén do Club Peña Trevinca. Con neopreno, os primeiros en chegar na distancia de 2525 foron Manuel Monroy, Javier Martín e Alejandro Pérez.

Esta segunda Travesía a Nado de Valdeorras estivo organizada polo A.D.A.S Swimming de  O Barco e colaborou, concello de Vilamartín, Club Fluvial Barco e Protección Civil.

Andrade gaña a II Travesía a Nado de Valdeorras