jueves. 28.03.2024
Vilamartín

Cantos de Taberna baixo a chuvia en Vilamartín

Catro agrupacións musicais e tres establecementos hostaleiros participaron nesta segunda edición

A chuvia que caeu incesante o longo da tarde do 19 de outubro  non foi dabondo para que os Cantos de Taberna deixasen de soar no tres bares que se uniron a iniciativa dos Viticultores.

As oito da tarde comezábase a ouvir o son das gaitas, tamboriles e cantos polas rúa de Vilamartin. Catro foron as agrupacións que participaron nesta ocasión: «Os  Tabernícolas», «Os  Parrandas», «Os  Trabazos» e «Os  Palletas». Os bares participantes, pola contra foron tres: Santos, Novo Castelo e Acuarela. Os membros da  Asociación e  Folión Os Viticultores coa colaboración do  Concello da devandita vila foron os organizadores.

Bica, empanada,

torta de roxóns, entremeses de todo tipo como queixo, xamón ou chourizo, foron

algúns dos petiscos que puideron comer mentres cantaron, tocaron e botaron un

grolo.

Os «Cantos de Taberna» encheron de música e ambiente Vilamartín a pesares da chuvia que neste caso non puido «aguar» a troula

Cantos de Taberna baixo a chuvia en Vilamartín