viernes. 29.03.2024
VÍDEO

Máis de medio cento de coches na procesión de San Cristovo

A Rúa recupera a tradicional bendición e procesión de San Cristovo cunha participación multitudinaria. Máis de 50 automóbiles saíron en procesión polas rúas da vila despois de que o párroco de Fontei lles dese a bendición.

As 8.30 comezaba a misa na honra do santo e logo coches antigos e modernos saíron do atrio da igrexa de Fontei para baixar pola rúa Telesforo Ojea ate a Casa do Concello, eso si, sen deixar de soar os claxon e sereas, algúns con sons demasiado estridentes.

Pola arteria principal da Vila, a rúa Progreso, a comitiva dirixiuse cara a localidade veciña de Petín onde foron recibidos entre aplausos pola xente que agardaba na praza.

En Petín parada de rigor para refrescar a pebida e logo de novo cara A Rúa. Con este acto relixioso rematan uns días de actividades organizadas pola recentemente formada Asociación Sociocultural San Cristobal  cuxa presentación tivo lugar no Centro Cultural Avenida o pasado venres 7 de xullo.

Lembrar que tamén o venres a recen estreada asociación organizou unha cea multitudinaria que reuniu a máis de 500 persoas o longo da rúa Dr. Vila. O sábado foi tempo para un desfile de disfraces «Carnavrao», tamén con moita participación a pesares da choiva.

Máis de medio cento de coches na procesión de San Cristovo