Doce folións encheron cos seus sons as rúas de Vilamartín antes da cea
A segunda edición
das Festas das Sopas de Allo comezou as 17:00 horas co pregón da presentadora da
televisión e actriz, Nieves Rodríguez, no Bañadoiro.
Se queres
escoitar o pregón de Nieves dálle clic ao seguinte enlace:
Despois os 11 folións invitados xunto ó anfitrión, Os Viticultores, dispuxéronse a desfilar polas rúas de Vilamartín. Desde a porta do pavillón saíron cara a zona da Rodeleira para dirixirse pola rúa Cruz Roja á de Miguel de Cervantes, baixando pola rúa Quellón ata a zona do Bañadoiro onde se comeron as sopas no pavillón.
Os primeiros en saír foron Os viticultores de Vilamartín
Folión de Tameirón
Os Labregos de Trives
Folión de Petín
Folión de Chandrexa
Folión de Carracedo da Serra
Os Labregos de Trives
Folión Terras do Bolo
A Lardeira de Piñeiro
Folión O Irixo de Caldelas
As Macizas Centrais de Trives, sen dúbida as que mellor o pasaron
Folións de: Tameirón, Carracedo, O Bolo, Sobrado, Chandrexa, A Lardeira de Piñeiro, Petín, O Ixio de Castro Caldelas, Os viticultores de Vilamartín e os tres de Trives, Os Labregos, A Caniceira e As Maceiras