lunes. 09.06.2025
VÍDEO

Os Amigos do Filandón homenaxean a Dorinda Pérez cantareira

O Complexo Hosteleiro Palladium acolleu hoxe domingo día 6 de maio a homenaxe que os Amigos do Filandón prepararon para Dorinda Pérez Rodríguez, de 97 años, veciña de Pradolondo, a Veiga.

 

 

A homenaxe viu motivada pola súa aportación ao patrimonio lírico y polo seu legado de vellos cantares grazas a unha memoria prodigiosa.

 

 

Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación, impúxolle a Donorinda a medalla de Ouro da «Real», nun acto no que estivo presente o alcalde da Veiga, Juan Anta, quen agradeceu a Foxo «a súa laboura e de ser protagonista de iniciar este tipo de actividades tan importantes como é a cultura e as nosas raíces». Tamén tivo un agradecemento especial a Dorinda por «insinarnos tanto a tantos, por trasmitirnos as cantigas, as nosas tradicións, por darnos exemplo do que é vivir no rural».

 

 

Ao final Dorinda agasallou aos presentes cun dos seus cantares, non sin antes a gradecer tamén a homenaxe que lle estaban a render.

 

 

 

 

Os Amigos do Filandón homenaxean a Dorinda Pérez cantareira