viernes. 19.04.2024
VÍDEO

Correxais celebrou o San Pedro

Correxais celebrou o día grande das festas de San Pedro sacando ó santo en Procesión polas rúas do pobo. As 13:00 horas a imaxe de San Pedro saía ao adro pola porta situada debaixo da torre cuadrangular que ten oito arcos e un remate en forma piramidal. O santo patrón foi acompañado por outros catro santos máis entre os que se atopa San Miguel Arcanxo.

Portado polos fieis devotos, deu unha volta ao redor da igrexa de orixe románico no que se atopa o cemiterio, para logo saír polas rúas de Correxais entre cánticos e loanzas. O santo portou na súa man dereita unha gaia con cereixas, froito da época.

A igrexa monacal de San Pedro foi restaurada recentemente coma nos asegurou o seu párroco Eladio Álvarez Álvarez «la Xunta nos ha dado muchísimo dinero y la Diputación de Ourense también, hemos gastado más de 35 millones en seis años, piense que las paredes son viejas y el tejado todo nuevo». a igrexa forma parte da estructura do convento —hoxe totalmente en ruínas— . Foi fundado no 1723, para acoller aos monxes Trinitarios Descalzos e durante máis dun século foi o centro de formación máis grande da bisbarra.

Logo da procesión e a posterior misa a orquetra D¨Noche amenizou a sesión vermú. Xa pola tarde festa e verbena coa mesma orquestra.Para o sábado 30 haberá festa rachada con baile e verbena co Trio América. A alborada estará a cargo do grupo de gaitas Airiños de Portela.

Non é esta a única festa que se celebra en Correxais, o Venres Santo  A Ruta do Viño xa é un clásico da Semana Santa en Valdeorras. No presente ano acadou a oitava edición con gran afluenza de xente e moita troula.

Correxais celebrou o San Pedro