Correxais celebrou o San Pedro

Correxais celebrou o día grande das festas de San Pedro sacando ó santo en Procesión polas rúas do pobo. As 13:00 horas a imaxe de San Pedro saía ao adro pola porta situada debaixo da torre cuadrangular que ten oito arcos e un remate en forma piramidal. O santo patrón foi acompañado por outros catro santos máis entre os que se atopa San Miguel Arcanxo.

Logo da procesión e a posterior misa a orquetra D¨Noche amenizou a sesión vermú. Xa pola tarde festa e verbena coa mesma orquestra.Para o sábado 30 haberá festa rachada con baile e verbena co Trio América. A alborada estará a cargo do grupo de gaitas Airiños de Portela.

Non é esta a única festa que se celebra en Correxais, o Venres Santo  A Ruta do Viño xa é un clásico da Semana Santa en Valdeorras. No presente ano acadou a oitava edición con gran afluenza de xente e moita troula.