domingo. 08.06.2025
Terras de Trives

San Xoán de Río acollerá un campionato de gaitas en agosto

Anunciouno José Luis Foxo durante o acto inaugural da exposición “Gaitas Primitivas” celebrado neste concello de Terras de Trives

O salón de actos de San Xoan de Río acollía onte á tarde, 15 de xullo, a inauguración da exposición “Gaitas Primitivas”, unha mostra de 16 pezas que nos permite coñecer a historia deste instrumento tan popular en Galicia e cuxa historia se reflicte nesta colección.

O director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, José Luis Foxo, aproveitou o acto para anunciar que San Xoan de Río acollerá o vindeiro 2 de agosto un campionato de gaitas. «Participarán varios centros de todo o territorio español e tamén haberá cantos de seitura», subliñou. Confirmou que este ano non haberá festival celtibérico en Cabeza se Manzaneda e a reunión de gaiteiros trasládase a Río.



Os instrumentos expostos en San Xoan de Río proceden da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense. «Son esas gaitas que deron orixe ás distintas variantes e formas morfolóxicas do instrumento que viven en Europa, desde o norte de Irlanda a Galicia», explica Xosé Luís  Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense.

Digna e Fiuca interpretando os cantos de seitura

As súas orixes son pastoriles, xa que está composta pola pel de cabra —“gaita” en árabe— e unha frauta. «É curioso ver como en cada cultura ten un nome diferente». A través desta mostra, que como novidade é dixital e interactiva, poderemos coñecer a procedencia e tamén o son de cada instrumento.  Esta dixitalización fíxose en tempo récord segundo informou Juan Carlos responsable da empresa responsable de realizar o código  QR co que o visitante pode escoitar as explicacións a través dunha  audioguía. A historia de cada gaita, o material co que estan feitas e incluso un vídeo no que se pode ver e escoitar o seu son na súa lugar de orixe, é algunha da información  a que se pode acceder co teléfono.

Se queres ver o video no que Juan Carlos explica como usar o código QR e a información á que podemos acceder a traveso do móbil, dallé á ligazón:

A música foi protagonista durante esta presentación coa interpretación do  Cancioneiro dá  Seitura de Manzaneda e Terras de  Trives a cargo da  gaiteira  Ari Pérez, acompañada por Digna de Vilanova e  Fiuca de San Fiz, Blandina de  Cotarós, Blandina de  Cotarós escusou a súa presenza por temas familiares. Tamén interviron o director da Real Banda de Gaitas de Ourense, Xosé Luís  Foxo; o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández; Patricia Domínguez, alcaldesa de  Trives; o alcalde de San Xoan de Río, Xosé Miguel Pérez e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.



A exposición estará aberta ata o próximo 15 de setembro en horario de 10 a 14 horas e de 16.30 a 19.30 horas. A fin de semana será necesario reservar a visita a través do  concello.

San Xoán de Río acollerá un campionato de gaitas en agosto