domingo. 08.06.2025
Terras de Trives

Cholo e Nela seguen a conquistar ós máis cativos da comarca

O Camiño da Fala levou ao globo e a pinga de auga máis famosos ata Trives, onde preto de 900 persoas se xuntaban para celebrar a XXII edición da convivencia

Un ano máis, Cholo e Nela non defraudaron. Arredor das 11:00 horas, o CEIP Manuel Bermúdez Couso de Trives recibía, unha vez máis - xa fora anfitrión en 2007 - aos nenos e nenas dos 16 colexios da comarca de Valdeorras, Terras de Trives, O Bolo, Viana, a Peroxa e Castro Caldelas, para celebrar a XXII Convivencia Cholo e Nela. Preto de 900 persoas se daban cita na xornada do 29 de maio para disfrutar, aprender, compartir e relacionarse aprendendo.

Nenos e nenas de Infantil participando nas actividades de Cholo e Nela 2019.

Nenos e nenas de Infantil participando nas actividades de Cholo e Nela 2019.

Cholo e Nela é unha experiencia única para cativos na edade de Infantil. En Galicia, non existe outra actividade parecida, organizada pola escola pública galega que ademáis se prolongue tanto no tempo sen un respaldo privado detrás, só co empeño dos profesores, pais e voluntarios entregados. «Sen a implicación dos pais e nais, profesores de tódolos colexios, e xente do Concello de acollida e de outros Concellos, ademáis de persoal de Protección Civil, Garda Civil, Policía Local, bombeiros, ambulancias, etc., isto non sería posible», apunta Nacho Hermida.

Concerto de benvida da XXII edición de Cholo e Nela na Pobra de Trives.

Os nenos disfrutaron hoxe de miles de actividades, obradoiros, inchables, e como colofón un concerto moi esperado, o da pinga de auga e o globo máis marchosos, que os fixeron bailar ata caer rendidos no autobús que os traía de volta as súas casas.

Concerto final con Cholo e Nela no escenario. Trives 2019.

Cholo e Nela seguen a conquistar ós máis cativos da comarca