jueves. 28.03.2024
Rubiá

Rematan as obras de humanización de rúas no Castelo

O arranxo da estrada entre Vilar de Silva e Pardollán será a seguinte acción que acometerá o concello de Rubiá en materia de obras

Na poboación do Castelo, pertencente ao concello de Rubiá, remataron as obras de humanización nos accesos ó pobo e na rúa principal. Entre as melloras, que se levaron a cabo durante mes e medio, está a instalación de novos pavimentos e firmes no vial, tamén se mellorou a accesibilidade.

Operarios rematando as labores de asfaltado

As actuacións realizadas dotaron á estrada dunha capa de aglomerado asfáltico, no centro e, cemento nos laterais, a modo de beirarrúas.

Estas marxes de

formigón, foron creadas para a circulación dos peóns. Están ao mesmo nivel que

o resto da calzada para mellorar o tránsito dos automóbiles de maiores

dimensións, xa que a rúa non é moi ancha en varios tramos.

Beirarrúas de formigón que melloran a accesibilidade

A execución da

obra tivo un coste de 59.000 euros e correspondente a unha subvención da Consellería

da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Do total 38.000 euros

corresponden ó exercicio pasado e 21.500 ó ano en curso.

Estrada de acceso a poboación

O proxecto

cumprirá o obxectivo do alcalde, Elías Rodríguez, de mellora da zona oriental

do concello, onde tamén se levarán a cabo nos vindeiros meses outros dous

proxectos no que se contempla o arraxo da estrada que une Pardollán e Vilar de

Silva.

Outro tramo de rúa onde se acometeron as obras no Castelo

Estas obras

contemplarán a mellora do firme e o ensanche dalgúns tramos nos que se suprimirán

parte das curvas para mellorar o trazado da estrada. Tamén se sanearan as

cunetas para dotalas de máis anchura e profundidade. Estes arranxos ofreceran

aos condutores  máis comodidade e

seguridade.

Fotos cedidas

Rematan as obras de humanización de rúas no Castelo