[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]Os nenos do Ceip Virxe do Camiño de Rubiá celebraron o festival de Nadal, na Casa da Cultura, entre compañeiros e pais que animaron aos alumnos. Un escenario no que ao fondo no telón podíase ver un reno brillante e moitas estreliñas de Nadal e até unha árbore ben adornada, encheuse de nenos con moitas ganas de vivir o Nadal.
Comezaron as actuacións os nenos de 3 e 4 anos interpretando a canción «Buscando Papá Noel na árbore de Nadal o conto da «Ratiña presumida».
Os de 5 anos bailaron e cantaron «Little snosflake», tamén dramatización o conto en verso do «Reno Rodolfo».
Os rapaces de primeiro e segundo decantáronse polo folclore galego bailando e interpretando as tradicionais cancións «E pousa e pousa» e «Catro vellos mariñeiros».
Terceiro e cuarto escenificaron o «Verdadeiro significado do Nadal»
A Canción «Navidad rock» e a obra teatral «Falsas acusacións», foron as pezas elixidas polos rapaces de quinto e sexto.
Para rematar o festival, todos os nenos e nenas subiron ao escenario para cantar e bailar «Hip, hop, Christmas» e o musical plurilingüe «Unha de amor y outra de desexos»
A Anpa do colexio, tamén realizou o sorteo dun patín eléctrico con kart, unha tableta electrónica y vales de compra de catro establecementos de Rubiá.
Para rematar Papá Noël acercouse pola Casa da Cultura e agasallou a cada neno cunha suadeira.
Fotos Cedidas[/double_paragraph] [/row]