Polo momento levan ardido máis de 35 hectáreas
O incendio que comezou ás 13:05 horas de hoxe, 17 de xullo, na parroquia de Pardollán pertencente ao concello de Rubiá, segue activo. O lume afecta ao parque natural da Serra da Enciña da Lastra e segundo novas estimacións, a superficie queimada estímase nunhas 35 hectáreas. Esta medición proporcionada pola Conselleria de Medio Rural é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada.
Para o seu control lévase mobilizado 1 técnico, 7 axentes, 13 brigadas, 4 motobombas, 4 helicópteros e 7 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.