viernes. 29.03.2024
PIRAGÜISMO

O piragüismo de Valdeorras merecedor de catro galardóns na Gala do Piragüismo Galego

O Concello do Barco, Jesús Rodríguez León, Pepe Ruiz e o Fluvial Barco recolleron os premios na gala organizada pola Fegapi

A Gala do Piragüismo Galego celebrada o 20 de decembro, no edificio da Xunta de Galicia en Campolongo —Pontevedra— congregou á élite galega deste deporte. Catro dos premios outorgados viñeron para Valdeorras. O Concello do Barco conqueriuno na categoría á mellor regata organizada, polo Descenso do Sil; Jesús Rodríguez León foi premiado pola súa traxectoria deportiva, José Ruiz González «Pepe Ruiz» pola mellor fotografía da tempada e o Fluvial Barco por ser terceiro na Liga Provincial de Ourense.

Con esta gala a Federación Galega de Piragüismo recoñece un ano máis ós mellores, non só como padexeiros, se non tamén ás entidades, institucións, profesionais e persoas que sobresaíron na tempada. Valdeorras tivo unha boa dose de protagonismo. O concelleiro de Deportes do Concello do Barco, Aurentino Alonso e Kissy Torres —técnico do departamento, de quen Alonso recoñeceu como «alma mater da organización» recolleron o premio á mellor regata organizada, polo bo traballo feito no quincuaxésimo terceiro Descenso do Sil.



Jesús Rodríguez León foi premiado pola súa traxetoria deportiva na que hai que destacar, só no derradeiro ano, o Campionato do Mundo de Maratón en China na categoría veterano K-2 e o subcampionato en K-1. Tamén gañou, en Francia, o campionato de Europa de Maratón en k-1 e K-2. Campión de España de Aguas Bravas na categoría patrullas e tamén subliñar as dezaoito veces consecutivas que foi número un no Descenso do Sil e as dezasete, ca deste ano, no Descenso do Eume. Tan só nesta tempada participou en 36 regatas.



Outro dos galardóns da gala que ven para Valdeorras é o conquerido por José Ruíz González «Pepe Ruiz» gañador do premio á mellor fotografía. No pasado mes de mayo a FEGAPI organizaba o primeiro Concurso de Fotografía Pablo Leyenda, en recordo e homenaxe de Santiago Pablo Leyenda Vilar, persoa moi querida polo piragüismo galego e estatal, e pola súa dedicación desinteresada a fotografiar o mundo do piragüismo. A Federación Galega de Piragüismo, convocou este concurso centrado no ámbito do piragüismo galego, «a través de imaxes tomadas en adestramentos, concentracións ou competicións celebradas en territorio galego —amistosas, provinciais, galegas ou nacionais—, en calquera das modalidades que agrupa o noso deporte». Pepe Ruiz foi o gañador deste primeiro concurso, porque si algo lle gusta a Pepe Ruiz é fotografar as augas nas que aparecen piragüistas.

Pepe Ruiz na regata celebrada na Rúa

E por último, o Fluvial Barco tamén terá un novo trofeo na súa vitrina ao traer da gala o premio por ter sido terceiro na Liga Provincial de Ourense.

Respecto á provincia destacar os galardóns do Fluvial Avión-Castrelo de Miño, campión de la liga gallega máster femenina e segundo na Liga Provincial; para A Escuela Orensana Municipal de Piragüismo, terceira na liga galega máster masculina; e para o Fluvial Allariz, primeiro clasificado na Liga Provincial de Ourense.

Os premiados da provincia de Ourense mostrando o galardón

O piragüismo de Valdeorras merecedor de catro galardóns na Gala do Piragüismo Galego