viernes. 13.06.2025
Petín

Xa falta menos para a Festa da Freba

Petín xa se prepara para una nova edición da Festa da Freba. Este ano a exaltación deste manxar adiantase uns días, será o vindeiro 3 de decembro a partir das 21:30, detrás do Teleclub, ou como lle dicen agora a Casa da Cultura. Este ano chega a décimo sétima edición e ademais das ricas frebas do porco asadas ás brasas alí mesmo, poderase tomar un consomé quentiño, chourizos cocidos, doce caseiro, pan viño e por suposto licor café. A entrada costa 10 euros que inclúe o agasallo dunha cunca e unha navalla.

Coma reza no cartel anunciador, ao remate da cea festa rachada ata co corpo aguante ca disco Stuu. Este ano os asiduos a festa botarán de menos a música da Sonora Petinesa que era a encargada, estes anos pasados, de animar a noite, pero a agrupación colgou as botas o pasado xullo,  nas festas do Santiago de Petín.

Xa falta menos para a Festa da Freba