Unha charanga amenizou a sesión vermú
A procesión na honra a Santiago apóstolo, patrón de Petín e de Galicia, non saíu polas rúas da localidade por mor da pandemia. «Está sendo un ano moi raro, eu nunca recordo que deixara de saír o patrón polas rúas de Petín», comenta unha veciña. «Nin despois da guerra», engade.
Con un pouco de retraso celebrouse a misa solemne na honra do Santiago, iso si con todas as medidas de seguridade que todos os fieis respectaron, os dous metros de separación e xel a entrada. Ás portas da igrexa os membros de Protección Civil da vila, José Benito, Sueiro e Fernando foron requeridos polo párroco, Lisardo Paradelo, para impedir o paso ao recinto si se completaba o aforo.
Vídeo do coro da igrexa de Petín:
https://somoscomarca.es/santiago-non-saiu-en-procesion-polas-ruas-de-petin-a-covid/
Logo da misa non podía falta o vermú na praza e para elo desde o concello a alcaldesa Raquel María Bautista creu que unha charanga amenizando o día grande da festa non estaría nada mal.
Vídeo da actuación da charanga cedido a este medio:
Non haberá orquestras nin baile pero, si comidas familiares aínda que «non ven tanta xente ao non haber festa» dicíanos Eduardo Díaz de Panadaría Querol, quen asegurou non asar tantos cabritos nin facer tantas empanada como en anos anteriores. Mercedes López do Bar O Pitón tamén asegurou que «é unha época onde sacabamos algúns cuartiños para defender o ano pero este haberá que aguantar o caso é que esteamos todos ben.
Vídeo das opinións de Eduardo e Merce, Aurora, Inés:
Bombas de palenque e alegría pero sen baile e sen procesión nun dos pobos máis alegres da comarca, Petín. Haberá que agardar ao vindeiro ano para ver se isto se regulariza e podemos celebrar o Xacobeo como é menester.