domingo. 29.06.2025
Petín

«Que bonito sería achegar a arte á xente sen ir a un museo»

David Esmerodes conta como xurdiu a idea de encher as rúas de Petín de arte e cal foi a mecha que prendeu Marco Petín

Marco Petín nace dunha conversa sobre arte entre Amancio e David despois de escoitar á Sonora Petinesa, hai máis de oito anos, nunhas festas de Santiago.

Coa rúa da igrexa de fondo, na terraza dun dos bares de Petín e apurando a última copa da noite, Amancio e David conversan sobre a obra de Carina que os leva a imaxinar o casco vello inundado de obras de arte. «Que bonito sería achegar a arte á xente sen necesidade de ir a un museo!», di un. «Imaxínate que ben sería ter un mural aquí na parede da igrexa, ou aquí unha escultura. E, si puideramos traer estás rúas a obra dos artistas da zona?», espeta o outro. A noite rematou e con ela a conversa.



«A cabeza non para!», como fai a testa de Amancio a diario e como diría Roberto Vilar, no Land Rober. O pasado ano por mor da pandemia non se puido levar a cabo a Feira de 1812, na que se recorda a época na que os franceses andaban pola nosa terra e como as mulleres de Petín lle fixeron fronte. Algo había que facer, foi entón cando David recibiu a chamada telefónica de Amancio quen lle espetou: «Queres retomar ese proxecto que tiñamos? (eu xa non me acordaba de que me estaba contando) o de expoñer os cuadros da túa muller e outros artistas. Podemos por tamén os do Lito».



E así foi como o pasado ano se puxo en marcha esta exposición que, como o seu nome di, é unha mostra de artistas da comarca. Lito (Alva), Conde-Torino e Carina foron os expoñentes da primeira edición. Este ano incorpórase a obra do escultor, Xelo de Tremiñá; os debuxos hiperrealistas da petinesa Aba Aizpuru e Enma Traba; e a pintura de Díaz Ferrer e Roberto Álvarez.

A exposición pódese ver de oito da tarde a once da noite até o domingo 15 de agosto, tal como recordaba a alcaldesa de Petín, Raquel María Bautista Carballo.

No percorrido pola exposición que fixemos da man de David Esmerodes atopamos a súa dona, Carina —unha das musas desta mostra que este ano presenta coma novidade teas co estampado da súa obra en quimonos ou chaquetas—. As prendas están confeccionadas por modistas da comarca a quen Carina lles agradece profundamente o traballo realizado.

A obra colorista e atrevida de Carina está baseada nos vivos colores do Entroido. O primeiro cadro que se contempla antes de entrar a ver a súa obra son bombos e motivos desta festa.

Amacio, Baldomero e David diante do cadro que reflicte o Entroido

Os autores a pé de rúa contan como realizan a súa obra e mesmo amosana, como é o caso de Enma Traba. Xelo de Tremiñá conta no seguinte vídeo a historia das súas escultura «carallas» e o nome que lles puxo.

Marco Petín onde a arte embelece as rúas ou, onde as rúas fan grande a arte?

«Que bonito sería achegar a arte á xente sen ir a un museo»