viernes. 29.03.2024
Petín

Os Reis chegaron a Petín en carros tirados por bois

Ó son de

panxoliñas cantadas por un grupo de veciños foron recibidos no Teleclub onde se

achaba un belén vivinte

Os bois da gandería de Mario Nogueira foron os encargados de tirar polos tres carros que levaron a Gaspar, Melchor e Baltasar até o Teleclub onde eran recibidos por multitude de veciños e visitantes.

Veciños cantando as panxoliñas

O canto de panxoliñas

en galego, acompañadas polas pandeiretas e o «chascarraschás» das cunchas de

vieira recibía os tres Magos de Oriente.  Recuperábase así unha tradición que o ano

pasado xa fora  iniciada por un grupo de

veciños e veciñas, algúns deles membros do coro parroquial.

Inés e os nenos que conformaron o belén vivinte

Un belén vivinte —este

ano houbo récord de nenos participantes— tamén agardaba polos Reis no interior

do edificio. A Virxe, San Xosé o anxo anunciador e unha morea de pastores e

pastoras formaron parte deste Belén que organiza ano tras ano Ines Álvarez

Nogueira. Esta tradición ven desde  hai

máis de 40 anos, daquela montábase na praza e case que todos os nenos da vila

participaban e, eran unha morea.



Fotografías dos nenos e, non tan nenos cos Magos de Oriente e até un agasallo para a alcaldesa de Petín, Raquel María Bautista que lle foi entregado por Melchor .

A alcaldesa aosando o agasallo a unha compañeira de partido

Moitas novidades

este ano na cabalgata de Petín pero sen dúbida a que máis chamou a atención foron

os bois da gandería de Mario Nogueira que tiraron polos carros dos Reis. O

carro de Melchor ía tirado por dos bois da raza Alistano Sanabrés —zona de

Zamora—e guiados por Mario. Cristina Gómez Rodríguez —dona de Mario— guiou un

boi da raza Maronés —o de cor negra— e un rubio de raza Barrosa que tiraban do

carro de Baltasar e Raúl fillo de ambos levou no carro a Gaspar, tirado por

Maroneses. Acompañaba ó séquito un xatiño da raza Cachena co que a xente quería

facer fotografías.

Mario contemplado os bois das razas Barrosa e Maronesa

Sen dúbida unha cabalgata chea de novidades moi  espectaculares que retrotrouxeron ós que a estaban vendo a tempos   e recordos de antano.

Vídeo da saída dos Reis e o séquito para ira a montar nos carros dos bois:

Chegada á prza dos Reis:

Vídeo da chegada dos Reis ó Teleclub, panxoliñas e belén vivinte:

Os Reis chegaron a Petín en carros tirados por bois