Os caracois non alumearon a virxe da Soidade na rúa da Carreira en Petín

Imagen de la Dolorosa en la iglesia de Petín

Unha tradición que se rompe despois de levar pasando de xeración en xeración desde hai máis de cen anos

O recollemento e

a tristura fíxose esta Semana Santa máis palpable ca nunca. A rúa da Carreira

en Petín non estivo alumeada pola tintinante chama dos caracois ao paso da Virxe

da Soidade, por diante da casa da Pili «da Mansa».

Desolación e incredulidade ao non ver alumear os caracois

Un pequeno mal

entendido fixo que a persoa que os traia desde de forma habitual, este ano non

os atopara. Cando ían a preparalos onte a tarde decatáronse que non  había moluscos e polo tanto, tampouco

cunchas. O erro non se poido emendar xa que son máis de douscentos caracois os

que se precisan para adornar as escaleiras e a cruz.

Imaxe de anos anteriores

A procesión dos Caracois e a do Encontro marcaron desde  sempre a Semana Santa petinesa. Xa desde nenos os veciños de Petín teñen unha cita a noite de Venres Santo coa virxe que acaba de perder o seu fillo. O silencio só se rompe co canto do Miserere que cada vez ten máis cantores. A escuridade das rúas da parte mais antiga iluminase coa luz dos caracois desde hai más de cen anos. Unha tradición á que este ano non se sumou a familia do barrio da Carreira. Non houbo cunchas cheas de aceite colocadas nos ferros da baranda das escaleiras, nn non aros dos maceteiros e tampouco na cruz.

Procesión da

Soidade e Miserere

As 22:00 horas as

rúas de Petín enchéronse  de fervor

portando a imaxe da Dolorosa e a do Cristo de procedencia barroca. O silencio faise

dono  do pobo e só se rompe polo Miserere

cantado por un coro de homes, mentres a iluminación das rúas é tenue e o  recollemento patente. Una tradición que conta

con máis  de 125 años de historia.

Cristo saíndo da igrexa

Esta forma de

conmemorar o Venres Santo copiouse do que facían no Santuario das Ermitas e

desde vense realizado ano tras ano.

Os homes que

cantan en latín o Miserere reúnense polas tardes para ensaiar. O Xoves Santo é

a proba de fogo xa que ese día únese ó coro de voces as dos homes que viven

lonxe de Petín. Hai que coordinar as voces para que non se produza ningunha

nota discordante. O momento especial é cando arrancan   co primeiro canto xa fora da igrexa e esta

como testemuña. A acústica é impresionante e esas voces graves rompendo o

silencio é o mellor da Semana Santa.

Imaxe dos homes cantando o Miserere na Carreira