domingo 29/5/22
Petín

Galería. Magosto de Petín

O Magosto de Petín rebasou todas as expectativas. Os chourizos esgotáronse ao pouco de abrir as portas e eran 300 así que aos que chegaron tarde só lles quedou comer os bullotes.

Había ganas de vover ás festas tradicionais aínda que con mascarilla, quitándoa para comer ou beber. Á entrada tomouse a temperatura.

Ao remate das castañas asadas no Teleclub ou casa da cultura a troula trasladouse a praza onde os bares puideron sumar algo de cartos ás arcas mermadas.

Galería. Magosto de Petín