martes. 19.03.2024
Petín

Éxito rotundo da primeira cena popular da Feira de 1812 en Petín

Raquel María Bautista: «A xente sempre se apunta a estas cousas, pero non pensei que ía haber tanta»

A primeira  cena da Feira de 1812 foi un éxito rotundo segundo a organización. 190 entradas vendidas e, «porque non había máis» , di Raquel Mª Bautista Carballo, presidenta da asociación Fonte Grande, organizadora do evento.

Despois de 8 anos levando a cabo as tarefas de organización, a asociación Fonte Grande decidiu dar un paso máis cunha cena entre amigos nas rúas do Petín máis enxebre. A iniciativa tivo unha gran resposta por parte dos veciños e de xente de toda a comarca.



O luns contaban

con pechar a venda de entradas anticipadas, pero deixáronas até o martes, xa

que había moitas solicitudes, «o martes tivemos que pechar a venta, había que

darlle o número de comensais a Mantesil, empresa que se encarga de confeccionar

o ágape.

A  mesa colocouse ao longo da rúa carreira  desde a casa da «Anita do Severino» até a taberna rua do centro.  Por ela foron pasando empanadas de carne, entremeses a base de xamón, lacón,  chourizo, salchichón e queixo; como prato forte redondo de tenreira guisado con guarnición de verduras. De sobremesa xeado; e para rematar, café e licores.



Logo da cea, a

taberna da feira abriu as portas para que os asistentes bailaran ó son da

discoteca móbil «Danzalia»: Tamén para botar un grolo  e pasar un rato cos amigos.

Xentes de todos os puntos da comarca quixeron estar en Petín nesta véspera de Feira. Veciños da Rúa, Carballal, A Portela ou Freixido estiveron nesta primeira cea popular.



Mañá a partir das 11:00 horas abrirá o recinto da feira que contará cun grupo de gaiteiros, animando ás rúas todo o día. A lectura do pregón a cargo de Luís Pose Vidal será ás 13:00 horas desde o balcón da «Anita do Severino». Estará presentado, un ano máis, por Juan José Rodríguez Losada «Chavito».  

Xa pola tarde, actuación do grupo de teatro A Ruada e concerto na taberna, onde se poderán adquirir racións de churrasco e empanada. Recordar que o domingo as 21:30 horas sortearanse os 500 €.



Éxito rotundo da primeira cena popular da Feira de 1812 en Petín