jueves. 28.03.2024
Petín

Carballal celebrou a súa patroa santa Apolonia

O pobo do termo municipal de Petín honrou a avogada da dor de moas e patroa dos dentistas

Os veciños de Carballal celebraron onte, 9 de febreiro, a súa patroa sacándoa en procesión polas rúas do pobo entre cánticos e loubanas.

Saída da procesión da igrexa de Carballal

Pasadas as 12:35, chegaba o párroco don Lisardo a parroquia petinesa para celebrar a misa na honra da santa. Antes de que dera comezo, unha salva de bombas de palenque anunciou a procesión que saíu rúa arriba ate chegar a praza onde deron a volta para retornar de novo a igrexa, onde se celebrou a misa na honra da santa.

A saída dos actos relixiosos, tempo para falar coas xentes chegadas de Petín, Mones ou A Rúa e logo a comer algo especial coa familia.

Santa Apolonia

avogada das dores de moas

Baixo o mandato de Felipo O Árabe —no ano 243—, os soldados romanos que perseguían aos cristiáns capturaron a Apolonia co obxectivo de que se arrepentise da súa fe e adorase a deuses pagáns. Ela negouse e sufriu os ataques dos soldado que cos golpes dun martelo perdeu parte dos seus dentes e os que lle quedaron arrincáronllos como tortura. Como non renunciaba a fe ameazárona con tirala ao lume. Apolonia lonxe de amedrentarse botouse ela mesma as chamas para non renunciar a súa relixión. A lenda conta que o lume non foi quen de matala e tivo que ser degolada. Tamén di que cando estaba entre as chamas berrou aos presentes que cando tivesen doenzas dentais invocasen o seu nome e ela intercedería ante Deus para aliviar o mal.

Esta forma de morrer

—tirándose ela mesma as chamas— é a razón de que a santa non estea nas igrexas

orientais pese a vivir e morrer en Alexandría, xa que se considera un exemplo

de chamada ao suicidio.

Entrando xa na igrexa coa imaxe da santa

A súa admisión nas igrexas occidentais débese a interpretación da súa morte por San Agustín  quen explicou que este acto de Apolonia por acelerar a súa morte non foi se non que unha actuación do Espírito Santo , co cal deixa resolto o tema do suicidio.

Detalle das teazas que porta a imaxe de Santa Apolonia na igrexa de Carballal

50 anos despois Apolonia foi i canonizada pola súa entrega e abnegación cristián. A iconografía presentaa cunhas pinzas que sosteñen un dente ou cun colar do que colga un dente de ouro. A Santa Apolonia que se encontra na igrexa de Carballal só ten as teazas.

Carballal celebrou a súa patroa santa Apolonia