Quince nenos e tres profesores desfrutaron dunha xornada de lecer e aprendizaxe
Ao redor das dez da mañá, deste martes 10 de novembro, quince rapaces e rapazas do colexio do Bolo acompañados polos mestres emprendían o camiño que os levaría a granxa escola A Capilla, a través de sendeiros. Dous quilómetros a pé para desfrutar da paisaxe e das cores do outono. Para recoller algunha que outra castaña que aínda quedaban nos soutos polos que pasaron ou simplemente para pasar unha mañá de lecer.
Antes de chegara á Capilla fixeron un alto nunha nave de distribución de castañas onde lle amosaron como se facía a clasificación. Un tractor meteu as castañas nunha tolva e logo estas pasaron por unha especie de enreixado onde ían caendo segundo o calibre.
Moi pretiño da nave de castañas áchase a granxa escola onde rapaces e mestres deron de comer ás pitas de Mos, recolleron os ovos, abrazaron ó burro e até puideron acariciar ó cordeiro que naceu días atrás.
Ver como os mastíns, Laika e o seu fillo León, guiaban ás ovellas polo prado ou como se ordeñaban foron outras das actividades que realizaron. Houbo tempo para xogos e tamén para comer. Logo do xantar máis xogos e volta para as casas no autobús cos recolleu ás portas da granxa escola.
Concerto da Banda do Bolo
A Capilla tamén é o lugar onde os nenos deste colexio que pertencen a Banda de Gaitas do Bolo fan un concerto a modo de ensaio unha vez o mes. O pasado venres asistimos ás clases que imparte Marco Foxo e até realizamos un vídeo co son dunha peza tocada pola banda entre as ovellas.
Vídeo onde se pode ver tocar a Banda de Gaitas do Bolo.
Unha xornada na que nenos e nenas aprenderon un pouco máis do entorno no que viven.
Fotos cedidas