viernes. 18.07.2025
O Bolo

O CEIP O Bolo loitou contra o "Violentovirus"

Con motivo do Día Universal da Infancia e do Día Internacional contra a Violencia Xénero, o CEIP O Bolo puxo en práctica unha iniciativa de UNICEF co obxectivo principal de participar e tomar conciencia do dereito de toda a infancia a vivir en paz e a protexerse de todas as formas de violencia.

En primeiro lugar, dende o centro educativo propuxeron unha reflexión sobre a importancia da existencia do Día dos Nenos. Os cativos expresaron as súas opinións defendendo o dereito e a importancia de celebrar este día. Esta actividade divídese en dous grandes bloques:

Na primeira parte, os nenos reflexionaron sobre os distintos tipos de violencia que lles afecta e representárona a través de debuxos e varias fotografías buscadas por Internet, revistas e xornais,creando así o "Violentovirus".

O seguinte paso foi atopar unha forma de illar o violentovirus, para iso creamos unha vacina con diferentes compoñentes (amor, respecto, paz, amizade ...) que cada neno contribuíu mediante unha tarxeta de vacinación e acordando chamarlle ANTIVIOFICTUS (Anti-violencia e conflito): comprimido de caramelo que vai acompañado dun prospecto coas indicacións, efectos secundarios…,

Tamén crearon un manifesto no que detallan unha serie de compromisos que manterán para vivir nun ambiente seguro onde a paz, a non violencia e o bo trato sexan a base de da nosa convivencia, xunto con varias solicitudes dirixidas aos responsables da protección dos seus dereitos.

Finalmente o 23 de novembro toda a comunidade educativa, así como a poboación en xeral, foron convocados no centro de Saúde de O Bolo para vacinarse contra o Violentovirus nun acto simbólico no que leron o seu manifesto , administraron á poboación a vacina que non se toma, senon que se pensa, e cantaron todos xuntos o imno oficial dos dereitos dos nenos de Unicef.

 

 

O CEIP O Bolo loitou contra o "Violentovirus"