Moita e boa música no II Festival no Castelo do Bolo
O patio do castelo do Bolo acolleu na tarde do 15 de xullo o « II Festival no Castelo do Bolo», onde se lle rendeu homenaxe aos Rosales de Rianxo.
No acto presentado pola locutora de Onda Cero Radio Manola Porto, quen naceu en terras bolesas, actuou por primeira vez a Escola de Gaitas do Bolo. Os rapaces abriron e cerraron o festival acompañando a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.
Ademais actuaron a repentista Alba María, Os Rosales de Rianxo, o grupo de zanfonas da escola de gaitas da Deputación, as cantareiras da seitura de Lentellais, as escolas abertas de la secretaría xeral de emigración, Óscar Ibáñez e a Real Banda.
O remate de cada actuación as aves de Rapiñas do Salnés voaron ate o escenario para facer entrega o seu adestrador dun agasallo en forma de diploma para os artistas.
Sen dúbida o momento máis emotivo do festival foron as palabras de Maruxa —Os Rosales de Rianxo— quen agradeceu a homenaxe e quixo facer partícipe aos seu fillos e amigos do momento que estaba a vivir.