Desde o 5 ó 9 de
agosto a asociación O Mosteiro de Vilanova organizou unha conferencia, teatro,
xogos e unha cea
Os veciños de Vilanova, achegados doutras partes da comarca e, mesmo do territorio español, citáronse nas antigas escolas para celebrar unha cea de convivencia. Púxose fin, así á Semana Cultural que, ano tras ano, ven organizando a asociación O Mosteiro.
É a primeira vez que se fai coincidir a cea coa Semana Cultural, o motivo non é outro que dar a oportunidade de que participe máis xente. «É unha época na que Vilanova recibe a máis veciños e que tamén fai bo tempo», aseguraba Cristina a secretaria da asociación.
Esta xuntanza ao redor dunha mesa foi instaurada polas mulleres que desde hai catro anos levan a asociación. «Primeiro foi comida en xuño, logo en xullo e, por fin quedou nunha cea agora en agosto», significa a secretaria. Y e que, esta nova directiva —composta integramenete por mulleres— quixo organizar o xantar nunha época onde houbera maior cantidade de xente no pobo.
Cerca de 100 persoas déronse cita nesta presente edición. O menú estivo composto por: empanada de carne e de bonito, costrela asada e sobremesa brazo de xitano. Logo, tempo para café e conversa cos veciños e amigos e, tamén para bailar ao ritmo do grupo «Sabrosura».
A presidenta da asociación Ángeles Pérez non faltou á cita coa Semana Cultural —reside en Sevilla—, que comezou o pasado 5 de agosto. A conferencia de Antonio Castro Voces e David Daniel Vázquez Álvarez inaugurou os actos. Presentaron o seu libro « Ultreya et Suseya por el Camino de Invierno», a novela histórica do Camiño. Castro Voces é un bo coñecido da Semana Cultural, é a sétima vez que participa tras estes 26 anos de andadura.
O martes foi
tempo para xogos. Nesta ocasión houbo un obradoiro de mosaicos. Aínda que
outros anos son para nenos e maiores este ano participaron só os primeiros.
A Semana cultural
até o de agora adicaba un día a proxección de cine que este ano foi substituída
por unha representación teatral. O grupo Candea de Viana do Bolo, interpretaba
a comedia «Axencia matrimonial ‘A Media Laranxa’» .
Cultura, humor, xogos, entretemento e gastronomía para as vixésimo sexta Semana Cultural de Vilanova.
Fotos da obra de teatro cedidas pola asociación O Mosteiro.