O sábado 20 de agosto, celebrouse no Barco a II Travesía a Nado de Valdeorras. Unha quincena de nadadores, de todas as idades, tomaban a saída debaixo da pasarela peonil, que une a rúa Real con Viloira, para recorrer os 350 metros que os separaban da meta, situada na praia fluvial, debaixo do casino barquense.
A proba non puntuable tivo dous claros gañadores, Juan Carlos Domínguez e Carla Simón, que chegaron ven distanciados do resto de participantes.
A chegada houbo agasallos para todos, ademais de bebidas e bolsas de doces.
Pola tarde, sen embargo, a proba que se desenrola no encoro de San Miguel, a partir das 17:00 h, en Vilamartín, si puntúa no XIII Circuíto Galego de Augas Abertas. Hai dúas carreiras unha de 2.525 metros e outra de 5.050.