Con motivo da celebración da XXI Feira do Viño de Valdeorras, e fruto da colaboración entre AEVA, Asociación Centro Comercial Aberto O Barco, Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e o Concello do Barco, hoxe venres día 13 estase a celebrar o segundo día da III Ruta dos Pinchos. Un total de 16 establecementos participan este ano na ruta, con pequenos bocados de elaboración propia a un prezo de 1,70 €.
Folleto da guía da ruta na man, Somos Comarca emprendeu unha xira por algúns dos establecementos participantes, que daban os seus primeiros compases onte pola tarde. No día de hoxe, os establecementos participantes nesta iniciativa volverán a poñer a disposición dos comensais os seus pinchos estrela de esta ruta.
Cafetería Cristal. Cestiñas de Cristal. De 12:00 - 14:00 horas e de 19:00 -22:00 horas.
Restaurante Fernando III. Pincho: Pemento recheo de bacallau con gulas e salsa de ameixas. De 19:00 -22:00 horas.
Il Piacere. Pincho: Carrilleras ao mencía. 12:00 - 14:00 horas y 20:00 -22:00 horas.
La Querida. Pincho: Barrica. 19:00 - 20:30 horas.
Piquiño. Pincho: Capricho de Bacallau. 13:30 - 15:30 horas y 20:00 - 23:00 horas.
A Cova. Pincho: Fricandela especial e Croqueta de Holanda. 10:00 - 23:00 horas.
Divino Paseo. Pincho: Piruletas crocantes de Polo á mostaza e mel. 18:00 - 00:00 horas.
Vinum. Pincho: Pincho Vinum. 18:30 horas ata esgotar o pincho.