viernes. 29.03.2024
O Barco

Raúl Díaz: «A lousa fai este belén diferente, é o meu»

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]

As mans de Raúl Díaz falan del e da súa profesión. Louseiro dende hai case 55 anos, con 12 anos xa colocaba pizarra por 75 pesetas ao día, é o protagonista, xunto coa súa dona Sinda Rodríguez, dun singular belén feito co material das canteiras que identifican a zona a nivel internacional. «Usei tres tipos de lousa, a negra de Valdeorras, e a verde e a manchada de Lugo, para recoller a riqueza desta pedra», conta Raúl Díaz.

 

 

En miniatura e con moita paciencia, serra e lima na man, Raúl construiu peza a peza do singular belén que conta con varios módulos que rodean ó central, a tradicional representación do nacimiento do Neno Xesús, acompañado da Virxe e o San Xosé.

 

 

Nos demais módulos, os Reis Magos, un mercado de froitas, mel, aceites, licores... E un sinfín de figuriñas, entre as que destacan unha representación do pobo de Éntoma, coa igrexa da Virxe de Galir «feita con pedra vermella». O panadeiro non falta, tampouco o muíño e o burro, e uns camelos de madeira «que trouxo un veciño da mesma cidade de Belén».

 

 

Tamén conta cunha fonte na que algún visitante animouse a pedir desexos a cambio de moedas que lanzou ó fondo, a única forma de que Raúl acepte unha axuda que lle permita seguir adiante ca súa obra. «Non me gustaba a idea de por unha hucha como me suxeriu algún veciño, esto, ainda que custa un pouco, fagoo porque me gusta», relata.

 

 

O que está claro é que se trata dunha proposta distinta e moi particular, «porque este traballo é moi persoal, é de lousa, é diferente, é o meu» e invita a achegarse a velo. Para aqueles que así o desexen, poderan atopar esta obra de lousa en miniatura na Escola de Éntoma, de luns a sábado de 17:00 a 20.00 horas e domingos de 12.00 a 20.00 horas.

 

 

Para escoitar a entrevista completa a Raúl Díaz, autor do Belén de Lousa de Éntoma, na seguinte ligazón:

[the_ad id="56072"]

[/double_paragraph] [/row]

Raúl Díaz: «A lousa fai este belén diferente, é o meu»