Os viandantes e vehículos que transitaron pola rúa Conde de Fenosa do Barco non daban creto o que estaban a ver
Na maña do 20 de
novembro un simulacro de incendio no Hospital Comarcal Valdeorras causaba grande expectación entre os
viandantes e condutores que entre as
11:00 e as 12:30 transitaban pola céntrica rúa do Barco.
A situación quixo
asemellarse en todo o posible a realidade, por iso ás 11:00 horas víase saír fume —provocado para
a ocasión— da sala de espera situada na parte oeste do hospital. O pouco chegaba
a Policía Local do Barco quen se encargaba de pechar o tramo da rúa Conde de
Fenosa fronte o hospital. Os vehículos desviáronse pola rúa Castelao e Río
Miño.
Os seguintes en chegar
foron os membros da Garda Civil e os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal,
GES de Valdeorras —teñen a súa sede no Barco—.
Por último
apareceron tres dotacións de bombeiros do Consorcio Provincial de Ourense que
teñen o parque na Rúa.
Como en calque
incidente deste tipo, prodúcense
feridos, é por iso que até o lugar acudiron até catro ambulancias —unha delas
medicalizada— que se encargaron de trasladar
ós feridos e atendelos no propio lugar.
Unha vez rematado
o simulacro todo volveu a normalidade, iso si ca xente polas rúas preguntándose
que era o que pasaba.