Na mañá do domingo 21 de agosto, na ribeira do río Arnoia, dábanse cita os equipos de piragüismo da provincia de Ourense, para disputar a quinta regata da Liga Provincial Ourense
O Fluvial Barco nunca antes tiña levado a tantos participantes, en total 37, o que fixo que se subiran o podio en case todas as categorías.
Clasificábanse en primeira posición facendo 4000 metros, Jesús Rodríguez León, na categoría Veteran e Adrián Prada Pérez, xuvenil. Os alevíns Mar Miranda Ramos e Raul Prada Pérez facían o propio pero percorendo 1000 metros.
O veterano, Roberto Núñez Gómez, os seniors Sergio Rúiz Paz e Kissi Torres Núñez, a xuvenil, Ana Cao Cao e a cadete, Noemí Fernández Montero recorreron 4000 metros quedando subcampións, o mesmo que os alevíns Daniel Rodríguez López e Claudia González García, que fixeron 1000 metros.
O terceiro posto acadárono os benxamín Miguel Real Novoa e Paula Paradelo Rodríguez, tamén o Alevín-b Iker García, que percorreron 1000 metros. 2000 recorría o infantil-b, Yoel Vega Rodríguez e, 4000, o cadete, Luis Pomar Rodríguez e a senior, Teresa Pomar Rodríguez.
O resto dos integrantes do equipo barquense que acudiron a Allariz, tamén puxeron a súa pinga para que os do Fluvial se subiran o segundo andar do podio. Nestes intres, na clasificación xeral, están a tan só catro puntos do Fluvial de Avión que é o segundo clasificado. Resta disputar a sesta e última regata, que se xogará na casa, no encoro de San Martiño da Rúa. Os do Fluvial Barco terán que dalo todo e queimar os últimos cartuchos para poder quedar subcampións, desta liga provincial