Os participantes na segunda quenda de «Cociñando a Serra de Larouco» elaboraron pratos menos convencionais
«Cociñando a Serra de Larouco» conclúe hoxe mércores tras dúas semanas de actividades divididas en dúas quendas con un total de 15 participantes cada unha, nun evento realizado no Restaurante Centro de Larouco e aos mandos do chef Gerson Iglesias.
Iglesias é colaborador do programa da TVG, Come a Comarca, con experiencia en locais gastronómicos de Vigo e Ourense. Ademáis conta con case 20 anos de experiencia no sector.
Nos primeiros días os participantes -en horario de 16:30 a 20:30 horas- realizaron a parte chamada «Cociñando tradición, cociñando a nosa comarca», na que fixeron 4 receiras, empanada de shiitake de Trives con fariña de castaña amarelante, Faba loba con cogumelos, filloas recheas de castañas amarelante e pesegos ao viño da DO Valdeorras.
Nesta segunda quenda os alumnos aprenderon a realizar, Botelo ao sal envolto en follas de vides, arroz ao viño tinto con Shiitake de Trives, brownie de Faba Lova e requeixo de Faba Loba. Ademáis este martes os participantes no evento, asistiron a unha serie de conferencias realizadas por unha representante de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Francisco Javier Mateo -de la Maygar vinos- y de las responsables de Shiitake de Trives.