jueves 21/10/21
Larouco

Cerca de 1800 persoas pasaron polas covas de Seadur

Case que 1.800 persoas desfrutaron na tarde noite do Sábado Santo na festa das Covas de Seadur, no municipio de Larouco. Tres adegas mais que o pasado ano abriron na presente edición as súas portas, sendo 20 as covas que participaron.

 

 

O son da música de Ouruxobruxo e da Charanga Nova Terras de Trives a xente bailou e cantou, tamén bebeu o bo viño das terras de Seadur acompañado de pinchos do máis variado. Desde os típicos de empanada, lacón, chourizo, lombo ou queixo ata os elaborados coma paella, macarróns, callos ou albóndegas.

 

 

Os mais madrugadores comezaron a chegar as seis da tarde, hora na que se abriu o percorrido ata chegar as 22:30, hora de peche e na que a festa trasladouse a chaira onde estaba situada a carpa onde sonou a música e repartiuse bica.

 

 

Este ano estreouse un mural onde estaba pintada a ruta que se fai polas adegas nunha prensa de viño. Tamén novos camiños con adoquín que levan a bodegas de diversos tipos, escavadas en granito ou en barro, con ventás no teito e fentos no interior, con chemineas ou con adornos de toda consideración, dende apeiros de labranza ata xugos de xunguir os bois ata cestos ou cubas de todos os tamaños.

 

 

Os asistentes a esta décimo sesta edición agasallóuselle cunha cunca de barro.

Comentarios
Cerca de 1800 persoas pasaron polas covas de Seadur