sábado. 20.04.2024
Larouco

A Festa do Cordeiro cumpriu a décimo cuarta edición

A cita gastronómica reuniu en torno ó cordeiro a máis de 400 comensais no pavillón polideportivo da localidade

O pavillón de Larouco converteuse este mediodía nun amplo salón onde xantar un saboroso  cordeiro. Case que 400 persoas déronse cita na décimo cuarta Festa do Cordeiro que se celebra a mediados de maio na localidade, para dar boa conta dos máis de 250 quilos de carne asada para a ocasión.

A celebración comezou pasadas as 14:30 horas. Despois de acomodarse cada quen no seu lugar, os asistentes puideron degustar entremeses variados: xamón, queixo, chourizo ou salchichón. Logo deste entrante veu o tempo da empanada, para chegar ó prato estrela, un saboroso cordeiro asado con leituga. De sobremesa bica da zona, acompañada por licores varios e café. Non faltaron na mesa os bos viños de Valdeorras para regar e facer baixar a «paparotada».



Ao remate do xantar baile coa discoteca móbil Danzalia, onde o que máis e o que menos deulle ritmo ó esqueleto.

Non faltou á cita

o alcalde, Joaquín Bautista, así como a candidata do PP á alcaldía de Larouco,

Patricia Lamela. Outros acompañantes foron o senador en funcións, Avelino

García Ferradal; a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, a

alcaldesa de Vilariño Melisa Macía ou o primeiro edil da Veiga, Juan Anta.

A Festa do Cordeiro cumpriu a décimo cuarta edición