O Día de San Martiño o colexio Julio Gurriarán do Barco recibiu a visita de Tanxugueiras. Ademáis de ouvilas cantar os rapaces e rapazas coñeceron algúns dos intrumentos da música galega como a pandeireta e as súas partes coma as ferreñas eo coiro. Tamén souberon o que era un toque —a xota, a muiñeira e o pasodobre— e coma a combinación dos tres está `resente en moitas das súas composicións. Non faltou a súa actuación que deixou abraiados a profes e alumnos.
Os máis pequenos fixeron no patio un mandala con froitos e prantas da tempada.