Profesorado e alumnado déronse cita para explicar, mostrar e mesmo demostrar en directo algunhas das habilidades que se aprenden nos ciclos formativos do centro. A idea é clara: abrir as portas da formación ao público e amosar que a FP é unha opción de futuro, práctica e con moito potencial.