O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e Fina Casalderrey deron a coñecer a nova edición de Primavera das Letras nun acto no que tamén interviñeron o director do CEIP Xosé Manuel Folla Respino, José María González Cubelos; Priscila Núñez, en representación das familias do alumnado; a directora do proxecto As Letras de Florencio, Débora Álvarez Moldes; e o alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro. P