Ás sete da tarde do 13 de agosto daba comenzo o "Entroido de Verán" da Pobra deTrives, que enchía as rúas da vila de son e cor co especatacular desfile dos folións. Moitas foron as persoas que se achegaron para ver o desfile, que abría unha carroza moi orixinal con bandeira pirata, que se encargaron de bañar con pistolas de auga a todos os presentes, seguida dos folións A Cañiceira (Trvies), Os Arrieros (Petín), O Irrio (Castro Caldelas), Os Viticultores (Vilamartín), A Lardeira (Piñeiro), As Maceiras (Trives) e os Labregos (Trives).