jueves. 19.06.2025
GALERÍAS

Entregados os premios da Semana da Natureza do Barco

 

A vixésimo primeira  Semana da Natureza quedou clausurada coa entrega dos premios no Teatro Lauro Olmo ós case que 700 participantes.

O acto comezou coa actuación dos alumnos do Conservatorio e Escola de Música. A primeira en saír a escena foi Uxía Vidal interpretando ao piano unha Ludovica, a continuación interviron un grupo de catro rapaces tocando flautas traveseras con José Mansilla ó piano. Logo das actuacións musicais os premiados recollían o agasallo das mans da concelleira de Medio Ambiente, Diana Urdangaray e da de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta.

Os colexios participantes foron Julio Gurriarán, Condesa Fenosa, Divina Pastora, Ramón Otero Pedraio, IES Lauro Olmo e IES Martaguisela. Obtiveron premio os tres mellores de cada categoría; vídeo, redacción, fotografía e debuxo. No apartado de redacción premiouse a Julia Barrio, Noa Pizcueta e Marina Fernández no apartado A, e no B a Diego García Franco, Iván Domínguez e Luiz Henrique. En vídeo Lucas Valcarce foi o primeiro na categoría A e Joel, Jorge, Alberto, Fabi, Joaquín Arias e Miguel, Pablo e Jorge no B. En fotografía os primeiros premios de cada categoría leváronnos Ana Rodríguez, Jorge Pardo y Eva Álvarez. En debuxo, Abigail Ballesteros, Luz González Denis Rodríguez e Sergio Marcos.

Entregados os premios da Semana da Natureza do Barco